Política editorial

Temática e alcance

La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, está dedicada á publicación de traballos de investigación, recensións e notas referidos á vida e á obra de Emilia Pardo Bazán, así como a dar conta doutras noticias e actividades relacionadas coa escritora. Deste xeito a revista ten abertas as súas páxinas a traballos orixinais tanto sobre a biografía da coruñesa como sobre a súa produción intlectual, e todas aquelas investigación que permitan mellorar o noso coñecemento da autora.

A súa estrutura distribúese de acordo cos seguintes apartados: ESTUDOS, NOTAS, DOCUMENTACIÓN, RECENSIÓNS e NOTICIAS SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN.

 

Política de seccions

ESTUDOS

Neste apartado incluiranse entre tres e cinco traballos que teñan unha extensión mínima de 20 páxinas e máxima de 30 ou que pola súa relevancia científica merezan aparecer nesta sección. Neles tratarase en profundidade un tema relacionado coa escritora.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

NOTAS

Traballos científicos breves (sobre 10 páxinas).

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

DOCUMENTACIÓN

Inéditos, cartas ou outros materiais que poidan
aparecer de ou sobre Pardo Bazán.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares

RECENSIÓNS

Incluiranse neste apartado recensións, resumos ou críticas dos traballos que vaian aparecendo sobre a escritora coruñesa.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares

NOTICIAS SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares
 

Proceso de revisión por pares

Os traballos recibidos pola revista remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro avaliador externo e poderá ser revisado novamente por dous avaliadores anónimos.

Os criterios empregados polos avaliadores para a aceptación, rexeitamento ou solicitude de modificación de traballos responderán aos seguintes aspectos:

- Grao de orixinalidade e interese

- Relevancia do tema

- Estilo e ton adecuados á publicación

- Rigor e obxectividade científicos

- Claridade e concisión

- Expresión precisa e correcta

- Organización dos contidos e grao de cohesión entre os distintos apartados.

- Inclusión de referencias bibliográficas pertinentes e actualizadas

 

Política de acceso aberto

A revista La Tribuna é unha publicación de acceso aberto, o que significa que todos os seus contidos están á disposición, gratuíta e sen cargo algún, ao público.

 

Frecuencia de publicación

A revista ten carácter anual.

 

Exención de responsabilidade

A responsabilidade do contido dos traballos é dos seus autores, que deberán obter a autorización correspondente para a reprodución de calquera referencia (textual ou gráfica) que sexa tomada doutros autores e/ou fontes. La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán non se fai responsable das opinións e valoracións que expoñan os autores.