Arquivos

  • Núm. 17 (2022)

    Preséntase un monográfico composto por seis artigos dedicados ao estudo da obra de Pardo Bazán publicada en prensa como contribución aos actos do centenario desde o proxecto GenViPreF. Este proxecto ten como obxectivo estudar a representación da violencia de xénero nos textos de creación de autoras publicados na prensa feminina e, excepcionalmente, como no caso de Emilia Pardo Bazán, na prensa xeralista. Inclúense estudos sobre relatos, novela breve, textos de ensaio e polémicas diversas. Complétase o volume, como se advertiu no número anterior da revista, con algúns relatorios e comunicacións presentados no Congreso Internacional "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" que non puideron ser recollidos nese exemplar, pero que o serían nos próximos: é o caso dos tres artigos que seguen ao monográfico, asinados por Rubio Cremades, Labanyi e Troncoso Durán, agrupados na sección de miscelánea.

  • Núm. 16 (2021)

    O número 16 da revista La Tribuna conmemora os cen anos da morte de Emilia Pardo Bazán e a súa pegada e significado na sociedade actual. Ábrese cunha carta da directora, Marilar Aleixandre, que substitúe a Xosé Ramón Barreiro, e lembra a recuperación ao público de Meirás e a elaboración do proxecto da biblioteca de dona Emilia. Ana Romero Massiá é autora dun texto “In memoriam” de Xosé Ramón Barreiro, fundador da revista, falecido o 17 de marzo de 2021.

    A sección Estudos ábrese co traballo “Emilia Pardo Bazán cen anos despois”, introdutorio dos 21 estudos e documentos deste volume, presentados no congreso do mesmo título. A sección documentos achega un documento inédito que ilumina a novela La piedra angular. Por último, a sección de noticias inclúe un informe sobre as numerosas actividades celebradas e publicacións editadas con motivo do centenario do pasamento da escritora, e un informe sobre as actividades da Casa - Museo, da autoría de Xulia Santiso.

  • Núm. 15 (2020)

    O número 15 da revista La Tribuna é un número de transición encamiñado a poñer ao día a revista. Está dedicado á memoria de Araceli Herrero Figueroa, falecida no ano 2020.

    A sección de estudos comprende un artigo de Patricia Angulo Miró, que aporta novidosa información sobre a tumba de José Pardo Bazán; inclúense asemade “La Laringe: título palimpsesto” de Christine Rivalan, “Emilia Bazán y los franciscanos de Santiago de Compostela” de Carmen Martínez e “O pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán e Jose Rodríguez Carracido” de María López Sández. Completa o número un traballo do académico Francisco Díaz-Fierros cunha achega sobre R.R. Strap e o conto de Emilia Pardo Bazán “El diamante artificial”. Na sección de notas Jose Manuel González Herrán engade máis información sobre R.R. Strap. A sección de documentos comprende o conto “El horno” no xornal El Liberal de Bilbao, recuperado por Daniel Docampo Jorge, e mais un traballo sobre a historia das letras casteláns de Javier López Quintáns.