Envíos

 

Normas para autores/as

Normas de edición

Os traballos presentados axustaranse ás seguintes normas:

1. O texto será enviado en formato electrónico á dirección: latribunaepb@academia.gal preferiblemente en Microsoft Word para PC ou Mac.

2. Deberán remitirse simultaneamente dous arquivos:

2.1. Presentación e identificación do traballo

2.2. Traballo

2.1.1. No arquivo “Presentación e identificación do traballo”, o autor ou autores solicitarán a avaliación do seu artigo e indicarán especificamente a que sección da revista se dirixe. A Secretaría examinará a súa adecuación e pertinencia para o apartado citado e poderá consideralo para outra sección se fose necesario. Ademais, neste documento constará especificamente a declaración responsable do autor(es) da orixinalidade do contido do traballo e confirmará que non foi publicado con anterioridade, nin se atopa en proceso de avaliación noutra revista. Así mesmo, constatará a súa aceptación das modificacións suxeridas por parte dos revisores para, se procede, a publicación do seu traballo.

2.1.2. O arquivo “Presentación e identificación do traballo” redactarase de acordo coa seguinte estrutura:

• Título do traballo: máximo 80 carácteres.

• Subtítulo: opcional e só en casos imprescindibles. Máximo 60 palabras.

• Autor (es): nome e apelidos por orde de firma.

• Filiación profesional e institucional do autor(es): institución na que desempeña a súa tarefa profesional.

• Perfil académico e profesional do autor(es): máximo 5 liñas.

• Enderezo de contacto: no caso de traballos compartidos, especificarase claramente a que persoa debe dirixirse a Secretaría de Redacción durante todo o proceso de recepción, avaliación e comunicación de decisións. En todo caso, tanto en traballos compartidos, como de autoría única, deberá facilitarse a seguinte información:

-Nome da persoa de contacto

-Enderezo de correo electrónico

-Enderezo postal (persoal ou institucional)

-Teléfono (móbil, persoal ou institucional)

• Sección á que vai dirixido o traballo.

• Antecedentes de publicación / difusión do traballo (se procede).

2.2.1. O arquivo “traballo” conterá o orixinal e non presentará ningunha identificación persoal co fin de garantir o proceso de avaliación anónima. Os traballos presentaranse en Times New Roman 12 puntos, con interlineado 1.5 e de acordo coa seguinte estrutura:

-Título (Corpo 16, maiúsculas).

-Resumos na lingua na que está escrito o traballo e en inglés (máximo 250 palabras cada un).

-Palabras chave (máximo 5) na lingua na que está escrito o traballo e en inglés.

-Traballo

-Bibliografía.

3. As citas longas (de máis de 3 liñas) irán en parágrafo aparte, sangrado, e en corpo menor (10 puntos). A continuación, indicarase entre paréntese o apelido ou apelidos do autor citado, ano de publicación da obra e, cando sexa necesario, os números de páxina (p. e.: González Herrán 2003: 19-46), seguindo o sistema americano de citas.

3.1. As notas a pé de páxina non bibliográficas deberán aparecer indicadas cun número superescrito.

3.2. As referencias bibliográficas aparecerán ao final do traballo con sangrado francés do seguinte modo:

3.2.1. Libros: Apelidos, Nome (ano): Título do libro, Lugar, Editorial, nº edición. Exemplo: Pardo Bazán, Emilia (1977): Los pazos de Ulloa, Madrid, Alianza.

3.2.2. Artigos: Apelidos, Nome (ano): “Título do artigo”, Nome e Apelidos (ed., coord, etc): Obra ou Revista na que se atopa o artigo, Lugar, Editorial, nº edición, páxinas. Exemplo: Patiño Eirín, Cristina (2004): “En los umbrales de la Academia: Emilia Pardo Bazán, impugnadora de la tradición del absurdo en dos cartas de campaña y una entrevista olvidada”, La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, núm. 2, pp. 131-156.

3.2.3. Documentos electrónicos en liña: artigos de revistas electrónicas. Apelido, Iniciais do autor (ano). «Título do artigo». Título da revista, núm. [en liña]. [Data de consulta do artigo].

 

 

Listaxe de comprobación de preparación de envíos

Como parte do proceso de envío, pídeselles aos autores que indiquen que o seu envío cumpra con todos os elementos a se guir, e que acepten que aqueles envíos que non cumpran con estas indicacións poden ser devoltos ao autor.

  1. As linguas de publicación serán o galego, o castelán, o francés, o inglés, o italiano ou calquera outra lingua de comunicación científica habitual.
  2. Os traballos propostos haberán de ser necesariamente orixinais e inéditos. Non deberán ser tido publicados noutras revistas ou libros, nin estar en proceso de revisión.
  3. O prazo de presentación establecido para a recepción de traballos rematará o 1 de xullo de cada ano.
  4. Os traballos, serán remitidos á Secretaría de Redacción da revista:

    Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

    Tabernas, 11

    15001 A Coruña

    latribunaepb@academia.gal

  5. A Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acusará recibo dos traballos remitidos.
  6. Para a súa admisión, os traballos axustaranse necesariamente ás normas de edición da revista. No caso de que os orixinais non respecten as devanditas normas serán devoltos aos seus autores para que efectúen as modificacións pertinentes.
  7. Os traballos aceptados, tras este primeiro exame da Secretaría de Redacción, remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro evaluador externo e poderá ser revisado novamente por dous evaluadores anónimos.
  8. O prazo de avaliación dos traballos, unha vez aceptados pola Secretaría de Redacción para a súa revisión, será de 3 meses. Os autores recibirán a notificación da súa avaliación, respectando sempre o anonimato dos revisores.
  9. A avaliación do orixinal será comunicada aos seus autores mediante a Secretaría de Redacción. De ser positiva, comunicarase o número en que será editado indicándose, se procede, as suxestións ou modificacións pertinentes.
  10. O autor comprométese a efectuar os cambios indicados nun prazo non superior a 15 días desde a comunicación destes por parte da Secretaría de Redacción.
 

Nota de copyright

LICENZA DE USO: Os artigos a texto completo incluídos no noso portal son de acceso libre e propiedade dos seus autores e/ou editores. Calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública e/ou transformación total ou parcial require o consentimento expreso e escrito daqueles. Todo enlace ao texto completo dos artigos do noso portal debe efectuarse ao noso URL.

 

Declaración de privacidade

Os nomes e enderezos de correo electrónicos inseridos nesta revista usaranse exclusivamente para as fins declaradas por esta revista e non estarán dispoñibles para ningun outro propósito ou outra persoa.