Envíos
Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para realizar un envío.
Listaxe de verificación para preparar envíos
Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.- As linguas de publicación serán o galego, o castelán, o francés, o inglés, o italiano, o portugués, ou calquera outra lingua de comunicación científica habitual.
- Os traballos propostos deberán ser orixinais e inéditos. Non poderán ser tido publicados noutras revistas ou libros, nin estar en proceso de revisión.
-
Os traballos, serán remitidos por correo electrónico á Secretaría de Redacción da revista:
Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán latribunaepb@academia.gal
- A Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acusará recibo dos traballos remitidos.
- Para a súa admisión, os traballos deberán axustaranse ás normas de edición da revista. No caso de que os orixinais non respecten as devanditas normas serán devoltos para que se efectúen as modificacións pertinentes.
- Os traballos admitidos, tras esta primeira revisión da Secretaría de Redacción, remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro avaliador e poderá ser revisado novamente por dous especialistas anónimos.
- O prazo de avaliación dos traballos, unha vez admitidos pola Secretaría de Redacción para a súa revisión, será de 3 meses. Os autores ou autoras recibirán a notificación da súa avaliación, respectando sempre o anonimato dos revisores.
- A avaliación do orixinal será comunicada a través da Secretaría de Redacción. De ser positiva, comunicarase o número en que será editado indicándose, se procede, as suxestións ou modificacións pertinentes.
- O autor ou autora comprométese a efectuar os cambios indicados nun prazo non superior a 15 días desde a comunicación destes por parte da Secretaría de Redacción.
Declaración de privacidade
Os nomes e enderezos de correo electrónicos inseridos nesta revista usaranse exclusivamente para as fins declaradas por esta revista e non estarán dispoñibles para ningún outro propósito ou outra persoa.