“Dichosa mujer de piedra”: a inauguración da estatua de Emilia Pardo Bazán na Coruña (1916)

Manuel González Prieto

Resumo


Nesta achega abórdanse dous fitos importantes na vida de Emilia Pardo Bazán e que aconteceron no ano 1916: o 12 de maio, o rei Afonso XIII asinaba a Real Orde que nomeaba a Pardo Bazán “catedrático numerario de Literatura contemporánea de las Lenguas neo-latinas de la Universidad Central”, e o 15 de outubro inaugurábase a escultura en homenaxe a Emilia Pardo Bazán na Coruña, iniciativa que partiu, no ano 1905, dun grupo de coruñeses residentes en Lugo. Nos anexos reprodúcense o discurso lido por Emilia Pardo Bazán na recepción no Concello da Coruña, o 17 de outubro de 1916, e un artigo da mesma, publicado o 8 de novembro de 1916, no xornal El Liberal, e no que mostraba as súas impresións sobre a inauguración da estatua.

Palabras clave


Emilia Pardo Bazán, catedrática, homenaxe, escultura, Manuel Casás, inauguración.



Redacción da revista La Tribuna: cadernos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Tabernas, 11
15001, A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Correo electrónico: latribunaepb@academia.gal