Información para os autores/as

Normas de edición

Os traballos presentados axustaranse ás seguintes normas:

  1. 1.- O texto será enviado en formato electrónico á dirección: latribunaepb@academia.gal preferiblemente en Microsoft Word para PC ou Mac.
  2. 2.- Deberán remitirse simultaneamente dous arquivos:
    1. 2.1.- Presentación e identificación do traballo
      1. 2.1.1.- No arquivo “Presentación e identificación do traballo”, o autor ou autores solicitarán a avaliación do seu artigo e indicarán especificamente a que sección da revista se dirixe. A Secretaría examinará a súa adecuación e pertinencia para o apartado citado e poderá consideralo para outra sección se fose necesario. Ademais, neste documento constará especificamente a declaración responsable do autor(es) da orixinalidade do contido do traballo e confirmará que non foi publicado con anterioridade, nin se atopa en proceso de avaliación noutra revista. Así mesmo, constatará a súa aceptación das modificacións suxeridas por parte dos revisores para, se procede, a publicación do seu traballo.
      2. 2.1.2.- O arquivo “Presentación e identificación do traballo” redactarase de acordo coa seguinte estrutura:
        • Título do traballo: máximo 80 carácteres.
        • Subtítulo: opcional e só en casos imprescindibles. Máximo 60 palabras.
        • Autor (es): nome e apelidos por orde de firma.
        • Filiación profesional e institucional do autor(es): institución na que desempeña a súa tarefa profesional.
        • Perfil académico e profesional do autor(es): máximo 5 liñas.
        • Enderezo de contacto: no caso de traballos compartidos, especificarase claramente a que persoa debe dirixirse a Secretaría de Redacción durante todo o proceso de recepción, avaliación e comunicación de decisións. En todo caso, tanto en traballos compartidos, como de autoría única, deberá facilitarse a seguinte información:
          • Nome da persoa de contacto
          • Enderezo de correo electrónico
          • Enderezo postal (persoal ou institucional)
          • Teléfono (móbil, persoal ou institucional)
        • Sección á que vai dirixido o traballo.
        • Antecedentes de publicación / difusión do traballo (se procede).
    2. 2.2.- Traballo
      1. 2.2.1.- O arquivo “traballo” conterá o orixinal e non presentará ningunha identificación persoal co fin de garantir o proceso de avaliación anónima. Os traballos presentaranse en Times New Roman 12 puntos, con interlineado 1.5 e de acordo coa seguinte estrutura:
        • Título (Corpo 16, maiúsculas).
        • Resumos na lingua na que está escrito o traballo e en inglés (máximo 250 palabras cada un).
        • Palabras chave (máximo 5) na lingua na que está escrito o traballo e en inglés.
        • Traballo
        • Bibliografía.
  3. 3.- As citas longas (de máis de 3 liñas) irán en parágrafo aparte, sangrado, e en corpo menor (10 puntos). A continuación, indicarase entre paréntese o apelido ou apelidos do autor citado, ano de publicación da obra e, cando sexa necesario, os números de páxina (p. e.: González Herrán 2003: 19-46), seguindo o sistema americano de citas.
    1. 3.1.- As notas a pé de páxina non bibliográficas deberán aparecer indicadas cun número superescrito.
    2. 3.2.- As referencias bibliográficas aparecerán ao final do traballo con sangrado francés do seguinte modo:
      1. 3.2.1.- Libros: Apelidos, Nome (ano): Título do libro, Lugar, Editorial, nº edición. Exemplo: Pardo Bazán, Emilia (1977): Los pazos de Ulloa, Madrid, Alianza.
      2. 3.2.2.- Artigos: Apelidos, Nome (ano): “Título do artigo”, Nome e Apelidos (ed., coord, etc): Obra ou Revista na que se atopa o artigo, Lugar, Editorial, nº edición, páxinas. Exemplo: Patiño Eirín, Cristina (2004): “En los umbrales de la Academia: Emilia Pardo Bazán, impugnadora de la tradición del absurdo en dos cartas de campaña y una entrevista olvidada”, La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, núm. 2, pp. 131-156.
      3. 3.2.3.- Documentos electrónicos en liña: artigos de revistas electrónicas. Apelido, Iniciais do autor (ano). «Título do artigo». Título da revista, núm. [en liña]. [Data de consulta do artigo].

Prazo de envío

O prazo de envío para a recepción de traballos finalizará o 30 de abril de cada ano. Os traballos recibidos con posterioridade serán considerados para o seguinte ano.

Listaxe de comprobación dos envíos

Como parte do proceso de envío, solicítase que se indique que o envío cumpre con todos os elementos a seguir, e que se acepte que os envíos que non cumpran con estas indicacións poden ser devoltos.

  • As linguas de publicación serán o galego, o castelán, o francés, o inglés, o italiano, o portugués, ou calquera outra lingua de comunicación científica habitual.
  • Os traballos propostos deberán ser orixinais e inéditos. Non poderán ser tido publicados noutras revistas ou libros, nin estar en proceso de revisión.
  • Os traballos, serán remitidos por correo electrónico á Secretaría de Redacción da revista:
    Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
    latribunaepb@academia.gal
  • A Redacción de La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acusará recibo dos traballos remitidos.
  • Para a súa admisión, os traballos deberán axustaranse ás normas de edición da revista. No caso de que os orixinais non respecten as devanditas normas serán devoltos para que se efectúen as modificacións pertinentes.
  • Os traballos admitidos, tras esta primeira revisión da Secretaría de Redacción, remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro avaliador e poderá ser revisado novamente por dous especialistas anónimos.
  • O prazo de avaliación dos traballos, unha vez admitidos pola Secretaría de Redacción para a súa revisión, será de 3 meses. Os autores ou autoras recibirán a notificación da súa avaliación, respectando sempre o anonimato dos revisores.
  • A avaliación do orixinal será comunicada a través da Secretaría de Redacción. De ser positiva, comunicarase o número en que será editado indicándose, se procede, as suxestións ou modificacións pertinentes.
  • O autor ou autora comprométese a efectuar os cambios indicados nun prazo non superior a 15 días desde a comunicación destes por parte da Secretaría de Redacción.