O pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán e José Rodríguez Carracido: dúas novelas para a educación dun novo século
Descargas
Publicada
Número
Sección
Licenza
LICENZA DE USO: Os artigos a texto completo incluídos no noso portal son de acceso libre e propiedade dos seus autores e/ou editores. Calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública e/ou transformación total ou parcial require o consentimento expreso e escrito daqueles. Toda ligazón ao texto completo dos artigos do noso portal debe efectuarse ao noso URL.
DOI:
https://doi.org/10.32766/tribuna.15.296Palabras clave:
Emilia Pardo Bazán, José Rodríguez Carracido, Pascual López, La muceta roja, estudantina, educaciónResumo
A coincidencia no cultivo do xénero da estudantina en Emilia Pardo Bazán e José Rodríguez Carracido é reveladora dun interese común por preocupacións pedagóxicas que se expresan tamén noutros escritos non ficcionais de ambos. A pesar das diferenzas de xénero e clase, existen nos seus posicionamentos algunhas notables concomitancias: a defensa da vocación fronte ás imposicións externas; a crítica a unha aprendizaxe superficial, mecánica, memorística e excesivamente especializada; a defensa da necesidade de que conflúan coñecemento teórico e aplicación práctica. Partindo da inserción da estudantina no marco máis amplo do Bildungsroman, Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina (1879) e La muceta roja (1890) coinciden en presentar, a través dos seus argumentos, exemplos de formacións fracasadas. É revelador este contraste co fin exitoso da máis coñecida novela do grupo da estudantina compostelá, La casa de la Troya (1915), de Alejandro Pérez Lugín ou, no marco máis amplo do Bildungsroman, respecto a Arredor de sí (1931), de Ramón Otero Pedrayo. As formacións frustradas de Pascual e Jacobo apuntan, de maneira alegórica, ao que a colectividade perde, facendo intuír a oportunidade que se abriría cunha educación concibida doutro xeito.