Juana de Vega, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán: converxencias e diverxencias

Descargas

Publicada

12-12-2023

Autores/as

  • Xosé Ramón Veiga

DOI:

https://doi.org/10.32766/tribuna.18.345

Resumo

Non é doado atopar unha explicación a que tres figuras da talla de Juana de
Vega, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán teñan unha común orixe galega. O chou e a
continxencia é un recurso do que tirar, mais resulta pobre como argumento e denota vagancia
no seu mesmo enunciado. Proceder de familias ilustradas convencidas do imprescindíbel da
educación, non ter irmáns varóns, dispor de bibliotecas privadas e contar con figuras paternas
presentes na esfera pública e no mundo da política achega algo de luz ás orixes, mais en
absoluto resolve a interrogante. O que si permite é desbotar calquera versión de self made
man (woman neste caso) que xorden por xeración espontánea e como froito extraordinario
de subxectividades alleas á contorna social de partida. En contextos marcados polo dominio
patriarcal e pola marxinación legal da muller, as tres dispuxeron de tacos de saída que quixeron,
puideron e souberon aproveitar. Súa presencia pública foi rotunda e notoria, excepcional na
plena acepción da palabra, mais cada unha ao seu xeito. O artigo analiza catro eidos concretos
de actuación (a escrita, o feminismo, a relixión e a política) para tentar albiscar semellanzas e
diferenzas entre elas, e asemade para afondar nas distintas posibilidades de pensamento e acción
abertas ás mulleres da súa condición nunha segunda metade alongada do século XIX. Lonxe de
fixar modelos ou de sinalar evolucións marcadas por un simple e lineal devir cronolóxico, o que
se impón é a necesidade de atender á interacción variábel entre subxectividade e condicionantes
xerais, entre agency e estrutura, sempre cunha ollada atenta aos atrancos postos ao seu quefacer
que derivan duns marcos en evolución mais que manteñen teimudos un fondo de forte misoxinia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.