Concepcións e referentes líricos de Emilia Pardo Bazán: traducións e imitacións

Downloads

Published

2010-02-21

Issue

Section

Estudos

Authors

  • Yago Rodríguez Yáñez

DOI:

https://doi.org/10.32766/tribuna.7.145

Keywords:

Imitacións, traducións, poesía, publicacións periódicas, Romanticismo, Heinrich Heine, lingua galega.

Abstract

Neste traballo tratamos de estudar o maxisterio exercido por diferentes poetas na visión literaria de Emilia Pardo Bazán, quen non se limitaría á creación propiamente dita, senón que habería de traducir multitude de composicións. Mais o período que abrangue a existencia da escritora coruñesa caracterizouse ó mesmo tempo pola necesidade de filosofar en torno á esencia da poesía, polo que non debe sorprendernos a gran cantidade de imitacións e traducións que é posible atopar espalladas nas publicacións periódicas. Semella que Heinrich Heine foi o lírico máis traducido por dona Emilia, aínda que tamén se deixou seducir polo encanto do Romanticismo de Byron ou de Leopardi. Abordamos igualmente as traducións ó castelán emprendidas dende o orixinal pondaliano, feito que nos serve para falar, brevemente, da relación coa lingua galega por parte da autora de Los Pazos de Ulloa.

Downloads

Download data is not yet available.