Archives
-
Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández
No. 18 (2023)O número 18 é unha publicación especial dedicada ao fundador da revista, o profesor e historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, figura senlleira e salientábel da cultura galega e internacional. Está composto dunha sección monográfica en homenaxe á súa memoria e maxisterio, coordinada por Alex Alonso (CUNY) e Emilio Grandío (USC). Neste apartado introducido por un texto do propio Grandío, na súa calidade de discípulo de Barreiro, atopamos traballos no eido e na órbita do eixo de estudos do historiador: X.R.Veiga. membro do grupo de investigación HISTAGRA, fala da triloxía galaica de mulleres, na figura de Juana de Vega, Concepción Arenal e Emila Pardo Bazán. A directora do Intituto José Cornide, Ana Romero Masiá, presenta un traballo sobre as implicacións de Pardo Bazán coas causas benéficas. Ana María Freire da UNED, describe as reflexións de dona Emilia sobre a "cuestión de la mujer" o feminismo da súa época. Xa no remate deste apartado monográfico, Marisa Sotelo da Universitat de Barcelona, fai un relato da curiosidade vital e intelectual de Emilia Pardo Bazán nas súas dúas visitas a Cataluña.
O segundo apartado está integrado por un bloque de artigos que fan referencia á relación de Pardo Bazán coa Universidade de Santiago de Compostela e a súa curiosidade científica, coma así nos relatan nunha xeira de artigos, José Manuel González Herrán, Manuel Bermejo Patiño, Francisco Díaz Fierros, Andrés Diaz Pazos, Xoana Pintos Barral, María Luz Ríos Rodríguez, Arantxa Fuentes Ríos e Xesús Alonso Montero, todos eles vencellados estreitamente a universidade compostelá e ao mundo das ciencias.
Para completar o número, na sección de Notas, Margarita García Calvo, historiadora da arte, falanos dos tapices da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e na derradeira sección de Documentos, o peche o poñen Jean-François Botrel e Yvan Lissorgues, das universidades francesas de Rennes e Toulouse respectivamente, con dúas cartas inéditas de Leopoldo Alas Clarín a Emilia Pardo Bazán.
-
No. 17 (2022)
We present a monograph consisting of six articles dedicated to the study of Pardo Bazán's work published in the press as the result of the conferences organised by the GenViPreF project during the centenary. GenViPref aims to study the representation of violence in women's creative texts published in the ferminine press and, exceptionally, as in the case of Pardo Bazán, in the general press. It includes studies on some of her short stories, short novels, texts of essays and several polemics.
-
No. 16 (2021)
O número 16 da revista La Tribuna conmemora os cen anos da morte de Emilia Pardo Bazán e a súa pegada e significado na sociedade actual. Ábrese cunha carta da directora, Marilar Aleixandre, que substitúe a Xosé Ramón Barreiro, e lembra a recuperación ao público de Meirás e a elaboración do proxecto da biblioteca de dona Emilia. Ana Romero Massiá é autora dun texto “In memoriam” de Xosé Ramón Barreiro, fundador da revista, falecido o 17 de marzo de 2021.
A sección Estudos ábrese co traballo “Emilia Pardo Bazán cen anos despois”, introdutorio dos 21 estudos e documentos deste volume, presentados no congreso do mesmo título. A sección documentos achega un documento inédito que ilumina a novela La piedra angular. Por último, a sección de noticias inclúe un informe sobre as numerosas actividades celebradas e publicacións editadas con motivo do centenario do pasamento da escritora, e un informe sobre as actividades da Casa - Museo, da autoría de Xulia Santiso.
-
No. 15 (2020)
O número 15 da revista La Tribuna é un número de transición encamiñado a poñer ao día a revista. Está dedicado á memoria de Araceli Herrero Figueroa, falecida no ano 2020.
A sección de estudos comprende un artigo de Patricia Angulo Miró, que aporta novidosa información sobre a tumba de José Pardo Bazán; inclúense asemade “La Laringe: título palimpsesto” de Christine Rivalan, “Emilia Bazán y los franciscanos de Santiago de Compostela” de Carmen Martínez e “O pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán e Jose Rodríguez Carracido” de María López Sández. Completa o número un traballo do académico Francisco Díaz-Fierros cunha achega sobre R.R. Strap e o conto de Emilia Pardo Bazán “El diamante artificial”. Na sección de notas Jose Manuel González Herrán engade máis información sobre R.R. Strap. A sección de documentos comprende o conto “El horno” no xornal El Liberal de Bilbao, recuperado por Daniel Docampo Jorge, e mais un traballo sobre a historia das letras casteláns de Javier López Quintáns.