La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

A extensa produción intelectual da escritora Emilia Pardo Bazán, que nos deixou decenas de novelas, centos de contos e miles de artigos xornalísticos, mais que tamén cultivou a poesía, o teatro e o ensaio, xustifica dabondo que se lle dedique toda unha revista. Con este obxectivo naceu no ano 2003 a revista La Tribuna, destinada a publicar investigacións orixinais que acrecenten e refinen o coñecemento da súa figura e da súa obra.

A revista La Tribuna está ditada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, grazas ao padroádego da Real Academia Galega. De periodicidade anual, ofrece acceso aberto aos seus contidos de xeito gratuíto, incluíndo todos os seus números publicados.

 

Índices de avaliación e bases de datos nas que está incluída a revista: LATINDEX, ERIH PLUS, RESH, DICE, ISOC e DIALNET


No 11 (2016)


Capa