About the Journal
Temática e alcance da revista
La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, está dedicada á publicación de traballos de investigación, recensións e notas referidos á vida e á obra de Emilia Pardo Bazán, así como a dar conta doutras noticias e actividades relacionadas coa escritora. Deste xeito a revista ten abertas as súas páxinas a traballos orixinais tanto sobre a biografía da coruñesa como sobre a súa produción intlectual, e todas aquelas investigación que permitan mellorar o noso coñecemento da autora.
A súa estrutura distribúese de acordo cos seguintes apartados: ESTUDOS, NOTAS, DOCUMENTACIÓN, RECENSIÓNS e NOTICIAS SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN.
Política de revisión por pares
Os traballos recibidos pola revista remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro avaliador externo e poderá ser revisado novamente por dous avaliadores anónimos.
Os criterios empregados polos avaliadores para a aceptación, rexeitamento ou solicitude de modificación de traballos responderán aos seguintes aspectos:
- Grao de orixinalidade e interese
- Relevancia do tema
- Estilo e ton adecuados á publicación
- Rigor e obxectividade científicos
- Claridade e concisión
- Expresión precisa e correcta
- Organización dos contidos e grao de cohesión entre os distintos apartados.
- Inclusión de referencias bibliográficas pertinentes e actualizadas.
Frecuencia de publicación
A revista ten carácter anual.
Política de Acceso Aberto
A revista La Tribuna é unha publicación de acceso aberto, o que significa que todos os seus contidos están á disposición, gratuíta e sen cargo algún, ao público.
Exención de responsabiblidade
A responsabilidade do contido dos traballos é dos seus autores, que deberán obter a autorización correspondente para a reprodución de calquera referencia (textual ou gráfica) que sexa tomada doutros autores e/ou fontes. La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán non se fai responsable das opinións e valoracións que expoñan os autores.