Sobre a revista

Temática e alcance da revista

La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, está dedicada á publicación de traballos de investigación, recensións e notas referidos á vida e á obra de Emilia Pardo Bazán, así como a dar conta doutras noticias e actividades relacionadas coa escritora. Deste xeito a revista ten abertas as súas páxinas a traballos orixinais tanto sobre a biografía da coruñesa como sobre a súa produción intlectual, e todas aquelas investigación que permitan mellorar o noso coñecemento da autora.

A súa estrutura distribúese de acordo cos seguintes apartados: ESTUDOS, NOTAS, DOCUMENTACIÓN, RECENSIÓNS e NOTICIAS SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN.


Política de revisión por pares

Os traballos recibidos pola revista remitiranse a dous especialistas para a súa avaliación externa, con carácter anónimo. No caso de informes substancialmente dispares entre si, o traballo remitirase, como mínimo, a outro avaliador externo e poderá ser revisado novamente por dous avaliadores anónimos.

Os criterios empregados polos avaliadores para a aceptación, rexeitamento ou solicitude de modificación de traballos responderán aos seguintes aspectos:

  • Grao de orixinalidade e interese
  • Relevancia do tema
  • Estilo e ton adecuados á publicación
  • Rigor e obxectividade científicos
  • Claridade e concisión
  • Expresión precisa e correcta
  • Organización dos contidos e grao de cohesión entre os distintos apartados.
  • Inclusión de referencias bibliográficas pertinentes e actualizadas.

Frecuencia de publicación

A revista ten carácter anual.


Política de Acceso Aberto

A revista La Tribuna é unha publicación de acceso aberto, o que significa que todos os seus contidos están á disposición, gratuíta e sen cargo algún, ao público.


Exención de responsabiblidade

A responsabilidade do contido dos traballos é dos seus autores, que deberán obter a autorización correspondente para a reprodución de calquera referencia (textual ou gráfica) que sexa tomada doutros autores e/ou fontes. La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán non se fai responsable das opinións e valoracións que expoñan os autores.