Unha ollada sobre a Galiza en tres discursos: Castelar, Emilia Pardo Bazán, Gaspar Núñez de Arce
Descargas
Publicado
Número
Sección
Licencia
LICENZA DE USO: Os artigos a texto completo incluídos no noso portal son de acceso libre e propiedade dos seus autores e/ou editores. Calquera acto de reprodución, distribución, comunicación pública e/ou transformación total ou parcial require o consentimento expreso e escrito daqueles. Toda ligazón ao texto completo dos artigos do noso portal debe efectuarse ao noso URL.
DOI:
https://doi.org/10.32766/tribuna.16.307Palabras clave:
Castelar, Emilia Pardo Bazán, Gaspar Núñez de Arce, España, visión de Galicia.Resumen
A presente comunicación recolle estritamente o texto lido no Congreso dedicado
a Emilia Pardo Bazán, organizado pola Real Academia Galega, na sesión-mesa redonda que
tivo lugar o 26 de Outubro de 2021, na sede desta institución. A autora atívose ao tempo
previamente marcado (quince minutos), polo que o esquematismo da intervención está servido.
Esta comunicación, pois, oferece só tres flashes de senllos autores significadísimos do XIX
español: Castelar, Pardo Bazán, Núñez de Arce, que se corresponden, respectivamente, cun
paratexto e con discursos proferidos na Coruña e en Madrid, nun arco temporal referido á
decada de 80 daquel século: 1880, 1885, 1886. As tres pezas revelan unha unidade esencial,
nun tempo histórico decisivo: a proclamación da prevalencia indiscutíbel da nación española
e, en congruencia, a desestima-condena dos intentos de reorganizar o Estado (rexionalismo,
“separatismo”, na linguaxe epocal). Sendo andaluz o primeiro dos autores citados e castellano
o terceiro, o discurso de Emilia Pardo Bazán, galega, cobra un plus de auctoritas e contribúe a
formatar un prototipo crítico verbo da lingua e da literatura galega daquela renacente. Os tres
textos, en fin, son expresivos dun triángulo inevitábel: lingua / literatura / ideoloxía, arredor da
noción de España e da súa organización interna.