Núm. 15 (2020)

O número 15 da revista La Tribuna é un número de transición encamiñado a poñer ao día a revista. Está dedicado á memoria de Araceli Herrero Figueroa, falecida no ano 2020.

A sección de estudos comprende un artigo de Patricia Angulo Miró, que aporta novidosa información sobre a tumba de José Pardo Bazán; inclúense asemade “La Laringe: título palimpsesto” de Christine Rivalan, “Emilia Bazán y los franciscanos de Santiago de Compostela” de Carmen Martínez e “O pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán e Jose Rodríguez Carracido” de María López Sández. Completa o número un traballo do académico Francisco Díaz-Fierros cunha achega sobre R.R. Strap e o conto de Emilia Pardo Bazán “El diamante artificial”. Na sección de notas Jose Manuel González Herrán engade máis información sobre R.R. Strap. A sección de documentos comprende o conto “El horno” no xornal El Liberal de Bilbao, recuperado por Daniel Docampo Jorge, e mais un traballo sobre a historia das letras casteláns de Javier López Quintáns.

 

Publicada: 05-04-2022

Número completo