Relendo La Tribuna de Emilia Pardo Bazán: observacións sociolingüísticas (e algo máis) sobre as vidas de Amparo e de Chinto

Descargas

Publicada

12-12-2023

Autores/as

  • Xesús Alonso Montero

DOI:

https://doi.org/10.32766/tribuna.18.356

Palabras clave:

análise sociolingüística, La Tribuna, Emilia Pardo Bazán, lingua galega.

Resumo

O traballo propón unha reflexión sociolingüística sobre a lingua empregada por
Amparo e Chinto, e outros personaxes da novela La Tribuna. O autor sinala que, malia Emilia
Pardo Bazán advertir no Prólogo, que os seus personaxes falan como se fala “na rexión de onde
os tirei”, a lingua que empregan non é o galego, falado polas persoas da súa clase social, senón
o castelán. Discútense algunhas particularidades do emprego do castelán por parte de Amparo,
que pode explicarse pola aprendizaxe de ideas e termos na propaganda republicana e xornais
en castelán. No entanto, no caso de Chinto, as referencias explícitas á súa instalación no galego
fan máis difícil de entender que na novela se exprese en castelán.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.